Procedemento de solicitude de recoñecemento DGAN

A Secretaria Xeral para o Deporte inicia un novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN).

 
O 23 de maio de 2018 foi publicada no Diario oficial de Galicia, DOG, a Resolución do 14 de maio de 2018, da Secretaría xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel. 


As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática cubrindo o anexo I de solicitude e achegando o anexo II, certificado da federación. 


No caso de solicitar o recoñecemento de xeito presencial os interesados deberán aportar o seguinte:

 

Noticias | 2 de Junio de 2018 a las 14:59