Convocatoria de “Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais”.

Carta de Manel Fernández, presidente Fundación VIDE e concelleiro de Deportes de Vigo:

Benquerido/a deportista,

Coma presidente da Fundación VIDE e concelleiro de Deportes de Vigo, teño o pracer de informarte, que unha tempada máis, ponñemos en marcha a convocatoria de “Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais”.

Estas axudas van destinadas ao fomento da práctica deportiva e teñen coma finalidade a aposta polo deporte de base da cidade e o apoio as disciplinas nas que prima a competición individual.

Reconñecendo a túa capacidade de sacrificio e esforzo a prol do deporte, emprázote a solicitar esta axuda da que poderías beneficiarte para costear parte dos teus gastos no desenvolvemento da túa actividade deportiva.

Adxunto as bases e a documentación necesaria para a súa presentación telemática (vide@vide.es) ata o día 3 de decembro de 2020.

Os meus mais cordiais saúdos,

Manel Fernández

Presidente Fundación VIDE

 

ARQUIVOS ADXUNTOS: Carta das axudas, formulario e convocatoria.


Archivos de la noticia:

Carta_Axudas_dep._Individuais_19-20.pdf

Formulario_axudas_deportistas_individuis_19-20.doc

Convocatoria_Axudas_dep.Individuais_19-20.pdf

Noticias | 19 de Noviembre de 2020 a las 15:18