VI REGATA LAGO DE AS PONTES

Organizada polo Club de Vela Fluvial de As Pontes, 41 regatistas provintes dos principais clubes de windsurf de Galicia disputaron a sexta edición da Regata Lago de As Pontes, competición que a pesar dos seus poucos anos de existencia xa se atopa completamente asentada no calendario windsurf galego. Entre os deportistas presentes destacaba a presenza de Jorge Maciel, olímpico español en Atlanta e Sidney.

As prediccións meteorolóxicas avanzaban unhas boas condicións para garantir una competición bonita e disputada e, a pesar da choiva e a baixada das temperaturas, así foi. O primeiro día de regata disputáronse as tres mangas previstas, e o domingo dúas das tres programadas xa que a primeira hora da tarde o vento decidiu dar unha tregua e desaparecer do campo de regatas pontés.

Na clase Fórmula o gañador foi Fran Robleda, do Liméns Wind&Sup, seguido do seu compañeiro de club co que tivo unha dura rivalidade Nacho Fernández, ocupando a terceira plaza Jaime Piñeiro-Estrella do Playa de Oza coruñés.

Na clase Raceboard o gañador foi o Jorge Maciel do Playa de Oza, absoluto dominador de todas as mangas disputadas. No segundo posto do caixón subiu Jose Ramón Martínez do Liméns Wind&Sup, e o terceiro posto foi ocupado por Pancho Pan tamén do Playa de Oza.

Na clase Bic Techno, na categoría sub-17, o gañador foi Pablo Gonzalez do Club Nautico de Cangas, seguido de Manuel Roca do Real Club Nautico Rodeira de Cangas, e de Elena Fernández do Catro Ventos de Riveira. Na categoría sub-15, subiu ó máis alto do podium Pedro Cordeiro do Club Náutico de Cangas, acompañandoo na segunda posición o seu compañeiro de club Manuel Gestido, e na terceira posición Pedro Piñeiro-Estrella do Playa de Oza.

Na categoría Escola, o gañador foi Kevin Gallego do Real Club Nautico Rodeira de Cangas, quedando en segunda posición o regatista do Playa de Oza Martín Maciel, e na terceira posición David Maceiras tamén do Real Club Náutico Rodeira.

Noticias | 25 de Septiembre de 2019 a las 08:37