Procedemento de solicitude de recoñecemento DGAN durante o mes de novembro

A Secretaria Xeral para o Deporte inicia un novo prazo (novembro) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN).

 
O pasado 23 de maio de 2018 foi publicada no Diario oficial de Galicia, DOG, a Resolución do 14 de maio de 2018, da Secretaría xeral para o Deporte, pola que se aproba o modelo de solicitude para o recoñecemento da cualificación de deportista galego de alto nivel. 


As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática e opcionalmente en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, cubrindo o anexo I de solicitude e achegando o anexo II, certificado da federación. 

https://deporte.xunta.gal/gl/deportistas/deportistas-galegos-de-alto-nivel-dgan 

Noticias | 29 de Octubre de 2018 a las 10:42